Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

miércoles, 25 de septiembre de 2019

Tipos de dicionarios.

Queres saber o significado do teu nome? No seguinte ENLACE poderás descubrilo.

Imos traballar cos sinónimos. No DICIONARIO on-line da RAG poderás atopar os sinónimos que precises.

jueves, 19 de septiembre de 2019

Viaxamos ao Cairo!

 MAHMUD

O Cairo é unha cidade de teselas
e no mercado hai tesouros de cores
que Mahmud ve pasar mentres ordena
as pulseiras de fío
na tenda de seus pais.

Mahmud non ten ningún xoguete máis
que os que lle collen entre as dúas mans
e quere unha caixiña de acuarelas
para pintar de azul
o ceo amarelo sobre as pirámides
e de verde as areas do deserto.
...
                                                                                 Berta Dávila: A pel do mundo, ed. Galaxia.




E a vós, que vos gustaría pintar?


Un pouco de poesía para empezar o día!


TAYLOR

O edificio onde vive semella o máis alto do mundo,
e a súa rúa a máis longa de todas,
e a escola é un xigante rañaceos.

Todos din que Nova York
é unha cidade importante,
na que todos os homes camiñan con présa
a un lugar importante,
e todas as mulleres camiñan con présa
a un lugar importante,
e ata os gatos camiñan con présa
para ir deitarse a un lugar importante.
...

                                                                       Berta Dávila: A pel do mundo, ed. Galaxia.


Como pensades que pode rematar este poema?

martes, 17 de septiembre de 2019

POESÍA

Este trimestre estamos a traballar a poesía. Comezamos con nubes de palabras para expresar o que nos suxire a propia palabra de POESÍA:
https://www.nubedepalabras.es/

martes, 10 de septiembre de 2019

Comezamos!!

Deixámosvos aquí unhas actividades moi apropiadas para a volta de vacacións:
- Se queres viaxar, coñecer lugares da xeografía europea e saber canto sabes sobre eles, pincha AQUÍ
- Se queres xogar coas palabras, entón clica AQUÍ
- Na seguinte actividade, terás que estar moi atento! Para comezar clica AQUÍ