Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

martes, 31 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA 31/03/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

Lembrade que hai que adicar o tempo de lectura a facer as actividades propostas sobre Os gritos das Illas lobeiras e Os horizontes de Adar.

1. Imos comezar comprobando as respostas das actividades do venres.

2. A seguir, lede atentamente este relato, o cal leva por título Un cangrexo inconformista.

3. Agora abride a libreta de lingua e facede as seguintes actividades de comprensión e opinión persoal. Premede aquí.


Se tedes dúbidas de vocabulario, podedes consultar: https://academia.gal/dicionario

⇒ Mañá teredes as respostas.

lunes, 30 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

SEMANA 30 MARZO - 03 ABRIL de  2020


En esta publicación os presento la tarea del área de Educación Física para el alumnado de sexto curso del CEP Dr. Fleming.
Clicando en la imagen accederás al documento de trabajo (archivo pdf) correspondiente a esta semana. 
El citado documento contiene actividades de Balonmano y Aerobic. 
Para su correcta realización sigue las instrucciones.


LENGUA CASTELLANA - 30 MARZO

Hola chicos,
hoy comenzamos la última semana de este atípico trimestre. Nos dedicaremos a repasar lo trabajado en las unidades 5-8.

LECTURA
Como todos los días, empezaremos por dedicar un ratito a los libros "Os gritos das Illas Lobeiras" y "Os horizontes do Adar". 
Sin embargo, como a estas alturas ya tienen que estar leídos, durante esta semana tendréis que contestar a las preguntas que os planteamos a continuación. 
Repartid el trabajo por días
Si no podéis imprimir las hojas, no pasa nada, podéis responder a las cuestiones en folios o en la libreta.

Tarea 1: Corrige las actividades del día anterior

Tarea 2: Repasa la gramática del trimestre
Abre el libro de lengua por las páginas 138-139 "Repaso Trimestral". Haz en tu libreta los ejercicios 6, 7, 8 y 9.

CIENCIAS DA NATUREZA. LUNS 30 DE MARZO

Ola a tod@s! Como estades? Agardamos que o mellor posible.
Podedes contarnos como o levades, como ides facendo as tarefas...

 Traballo de hoxe para naturais.

En primeiro lugar unha ficha de repaso da unidade



En segundo lugar unha actividade interactiva :

Fai clic en: SERES MICROSCÓPICOS



E por último un EXPERIMENTO.



viernes, 27 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA 27/03/20



Bos días, alumnos e alumnas de sexto!


Lembrade que hai que adicar vinte minutos a ler Os gritos das illas Lobeiras ou Os horizontes de Adar. Rematade hoxe o libro! Na semana próxima adicaremos os 20 minutos de lectura a facer actividades sobre eles.



1. Hoxe imos empezar cunha brevísima presentación sobre a voz activa e pasiva. Premede aquí!



2. A seguir, abride o seguinte documento e facede as actividades na vosa libreta de lingua. 

⇒ Teredes as solucións o martes.



3. Para rematar podedes ver un par de vídeos de compañías teatrais galegas posto que hoxe é... o Día Mundial do Teatro!
Resultado de imaxes para: dia mundial do teatro

Premede aquí e aquí.





jueves, 26 de marzo de 2020

SOCIAIS.VENRES 27 DE MARZO

VIAXAMOS POR EUROPA






Ademais do mar Mediterráneo, o mar Negro e o mar Caspio hai otros mares menores que rodean Europa. Por exemplo o noso mar Cantábrico. Investiga cales son os demais?

ESPERAMOS AS VOSAS RESPOSTAS NO CORREO 
profesfleming@gmail.com. 

LENGUA CASTELLANA - 26 DE MARZO

- Como todos los días, dedica 20 minutos a leer "O grito das Illas Lobeiras"/"Os horizontes do Adar".

- Tarea 1: Corrige las actividades del día anterior:

  

- Tarea 2: Comprensión oral

A lo largo del curso, seguro que nos has escuchado decir alguna vez que no  estabas atendiendo. Vamos a poner a prueba una de las capacidades más importantes para la comunicación y el aprendizaje en general, la capacidad de escuchar atentamente.

Para esta actividad vas a ver una entrevista a Rafa Nadal, un deportista español que es uno de los mejores tenistas del mundo y cuya carrera es impresionante no solo por sus resultados sino también por su aportación personal a los valores del deporte.




Una vez terminada la entrevista debes contestar a las siguientes preguntas en tu cuaderno.



- Tarea 3: la entrevista
Continúa la entrevista a Rafa Nadal que has visto con al menos 6 preguntas. Deberás contestarlas utilizando datos que has escuchado, buscando en Google o inventando las respuestas. No olvides redactar 2 o 3 líneas para cerrar tu entrevista.

- Tarea 4: Preposiciones y conjunciones
Repasa la siguiente información o lee en el libro de lengua (páginas 128-129) y después haz en la libreta la actividad de la imagen.

- Tarea 5: El verbo. Voz activa y voz pasiva
Recuerda (también puedes repasar por el libro de lengua (página 80):

Ahora, comprueba lo que sabes desde el siguiente ENLACE.

PARA EL FIN DE SEMANA...
Aquí te dejamos unas APP para que, desde el móvil o tablet, te diviertas a la vez que aprendes:

CIENCIAS DA NATUREZA.XOVES 26 DE MARZO

Ola a tod@s de novo!! 
Hoxe imos a traballar un tema  moi actual "As bacterias e os virus".
Seguro que xa sabedes moitas cousas, verdade?

O primeiro é correxir as actividades do luns 23. Aquí están as solucións. Revisade as vosas contestacións .



En segundo lugar unha pequena información que complementa o libro.




A continuación actividades interactivas:

Clica en : O REINO DAS BACTERIAS



Fai clic : AS ENFERMIDADES






miércoles, 25 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA 25/03/20


Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.

1. Empezamos corrixindo os exercicios de onte.
  • Páxina 127, exercicio 5
  1.  paxaro- Nome das aves de tamaño pequeno.
  2.  paxarela- Bolboreta, avelaíña.
  3.  paxarería- Tenda na que se venden paxaros.
  4.  paxarada- bandada de paxaros
  5.  paxareiro- Persoa que caza, vende ou cría paxaros.
  6.  paxareira- Gaiola grande para criar paxaros.
  • Páxina 136, exercicio 1.
       estudante-estudoso/estudosa-estudar
       campamento-acampado/acampada-acampar
       cultivo-cultivable-cultivar
       estrela-estrelado/estrelada-estrelar

⇒ Os mapas mentais verémolos á volta!

2. Imos seguir coa escrita de diálogos. Fixádevos nas palabras destacadas no seguinte fragmento:

- Cousas estrañas pasan detrás da montaña ultimamente- comezou a explicar- . Algunhas noites atrás, as ruínas do Erest despedían luces que subían ao firmamento e mesturábanse coas estrelas.
- Cousas de bruxas- sentenciou Yanta.
- Cousas de bruxas...o camiño ás ruínas pasa por debaixo da montaña e ninguén o cruza dende hai moitos, moitísimos anos. Non sei se debo deixarvos pasar.
- É necesario- suplicou Aulea.
- Si. Quizais sexa necesario... pero dúas rapazas... tan novas... - o home debatíase coas súas dúbidas.
- Temos que ir- interveu Místera-. Coa súa axuda será máis doado.
- E eu teño medo de que nos alcance o xinete que vén tras nosa- asegurou Aulea.
A muller levantouse como un lóstrego.
- Iso non. Nós estaremos aquí para detelo. Por aquí non pasará.
Agarraba un cullerón coma se fose unha espada, e todos se botaron a rir ás gargalladas.

 Xavier Estévez: O corazón da maxia, Editorial Xerais.

Lembrade que é moi importante o uso dun vocabulario variado. Neste caso, ides redactar un breve relato que leve por título Un final inesperado e no que haxa:
  • un narrador ou narradora en primeira persoa
  • un diálogo entre dous personaxes (os que vós queirades)
  • un desenlace sorprendente (lembrade cal é o título!)


Podedes facer esta actividade na libreta de lingua ou en soporte dixital; neste último caso, lembrade gardar o voso relato nun pendrive para despois poder compartir a vosa creación na clase. Ademais, quen poida e queira, pode mandar o seu relato ao correo profesfleming@gmail.com indicando a que profe vai dirixido.

3. Para rematar, coñecedes o xogo do tabú? Se vós apetece, podedes xogar coas vosas familias premendo neste enlace: http://aulasgalegas.org/o-xogo-do-tabu/


LENGUA CASTELLANA - 25 DE MARZO

- Como todos los días, dedica 20 minutos a leer "O grito das Illas Lobeiras"/"Os horizontes do Adar"

- Tarea 1: Corrige las actividades del día anterior:

- Tarea 2: Comprensión Lectora.
Clica en la primera imagen para leer el texto y en la segunda para acceder a las preguntas, que en este caso deberás hacer en tu libreta.


LAS SIGUIENTES TAREAS SON PARA REPASAR...
- Tarea 3: diptongos, triptongos e hiatos.
   Fíjate en los siguientes vídeos:

   

   Ahora realiza la siguiente actividad:

- Tarea 4: El nombre y el adjetivo
   Repasa el nombre: Clica AQUÍ para acceder a la actividad  
   Repasa el adjetivo: Clica AQUÍ para acceder a la actividad

CIENCIAS SOCIAIS .MÉRCORES 25 DE MARZO

Ola chic@s!. Preparados para traballar un pouquiño?

O primeiro que imos facer é correxir os exercicios de libreta de onte.




A continuación realiza os seguintes Kahoot.


Clica en :

martes, 24 de marzo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS . MARTES 24 DE MARZO

Fai clic no seguinte enlace para ver as solucións das actividades dos días 17 e 18 de marzo.

A continuación realiza os seguintes Kahoot.
 Kahoot é unha ferramenta para aprender e repasar conceptos de forma entretida mediante preguntas curtas. Aquí tedes algúns enlaces desde os que podedes repasar diversos conceptos sobre a Unión Europea (UE)

 Para acceder debes: 
1.- Escolle o enlace e preme nel. 
2.- Espera a que cargue a páxina. 
3.- No recadro en branco da parte inferior debes escoller o nome co que vas a facer a actividade (“nickname”) 
4.- Preme en “ok, go” para iniciar a actividade. 


 Fai clic en : Que é, orixe, países, zona euro 




Fai clic en : Países

Clica en: Capitais

E para rematar dúas actividades para facer na libreta.

LINGUA GALEGA- 24/03/20



 Bos días, alumnos e alumnas de 6º!


Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.


1. O primeiro que imos facer hoxe é comprobar as respostas da táboa do mércores. Aquí tedes as solucións:
 

2. Agora imos coas familias léxicas. Abride a libreta de lingua e facede as seguintes actividades:
  • Páxina 127, exercicio 5.
  • Páxina 136, exercicio 1.
  • Mapa mental sobre as familias léxicas. Para isto collede unha folla enteira da libreta en sentido horizontal. No centro, poñedes en grande familias léxicas e a ilustración que consideredes. A seguir, imos sacar seis ramas (con seis palabras primitivas) e de cada unha delas, outras tres ramas (con tres exemplos de palabras derivadas e/ou compostas). Ao lado destas últimas palabras engadides un pequeno debuxo relacionado con esta palabra. Aquí tedes o esqueleto do mapa mental e unha rama completa, logo é o voso turno para seguir a completar coas palabras derivadas e/ou compostas que se vos ocorran! 


Se precisades consultar algunha palabra, lembrade:https://academia.gal/

3. Para rematar, adicade un tempo a repasar as formas verbais. 


lunes, 23 de marzo de 2020

MUSICA

Accede ao blog de música e atoparás unha proposta para esta semana:

EDUCACIÓN FÍSICA

SEMANA 23 - 27 de  MARZO 2020


En esta publicación (post) os presento la tarea del área de Educación Física para el alumnado de sexto curso del CEP Dr. Fleming.
Clicando en cualquier imagen accederás al mismo documento de trabajo (archivo pdf) 
El citado documento contiene actividades de Balonmano y Aerobic. 
Para su correcta realización sigue las instrucciones e intenta completarlas entre el lunes 23 y el viernes 27 de marzo. 




CIENCIAS DA NATUREZA. LUNS 23 DE MARZO

Ola a todos os alumnos e alumnas se sexto!!!

Hoxe imos empezar coas solucións ás actividades do luns 16. Comprobade se as tedes ben.

Agora imos co reino dos protistas.Como xa sabedes o reino dos protistas inclúe dous tipos de seres vivos moi diferentes entre eles : os protozoos e as algas.
"É coma un caixón de xastre onde se inclúen seres vivos con características moi diferentes que simplemente non teñen cabida en ningún dos outros reinos"

Repasa as páxinas 80 e 81 do libro para facer as seguintes actividades:




Despois de ver o vídeo fai estas actividades interactivas que vos propoñemos.

Clica en: O reino dos protistas




E para finalizar toca actividades de libreta!!!!

1.-Que características teñen os protozoos ? E as algas?

2.- Explica, por medio de varios exemplos, como é a relación entre o reino dos protistas e as persoas.

3.- Responde as seguintes preguntas.

  • A que reino pertencen as algas?
  • Que tipo de algas coñeces?
  • Que semellanzas presentan todos os grupos de algas? En que se diferencian?




Lengua - 23 de marzo

Como todos los días, dedicamos unos 20 minutos a leer el libro "O grito das Illas Lobeiras" / "Os horizontes do Adar"

Tarea 1: Corrige las tareas del día 18 de marzo.
Soluciones a la comprensión lectora "El cazador de sueños"


Tarea 2: Comprensión Lectora
Hoy te damos dos opciones. ¡Elige la que prefieras!
A) Comprensión lectora desde el ordenador
B) Comprensión lectora desde Tablet o móvil. "El niño y los clavos"


Tarea 3: La acentuación
Recuerda y haz las siguientes actividades en tu libreta:



Tarea 4: Sinónimos y antónimos
Trabajermos los sinónimos y antónimos a través de estas actividades interactivas:
- Actividad para trabajar los sinónimos. ¡Fíjate, no es fácil!
- Actividad para trabajar los antónimos.

Tarea 5: El diálogo.
A continuación, tienes un corto para ver atentamente.


Elabora un diálogo para el corto. 
Recuerda que debe tener un narrador que introduzca la historia y que aclare lo que dicen los personajes (utiliza sinónimos y no emplees únicamente el verbo DECIR después de cada intervención). 
Ahora, nos encantaría que nos lo enviases por correo electrónico para que te lo podamos corregir (si no puedes o no sabes hacerlo, guárdalo para entregarlo a la vuelta).

sábado, 21 de marzo de 2020

Aprendemos en casa con la televisión

De 11:00h a 12:00h teremos na televisión Clan programas educativos.

El Ministerio de Educación y FP y RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar el aprendizaje de todo el alumnado durante la suspensión de clases presenciales

viernes, 20 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

BALONMANO

Explicación de las reglas básicas del balonmano.
Para visualizarlas debes activar Adobe Flas Player.

Fai clic neste enlace BALOMNANO

AEROBIC

En los siguientes enlaces tenéis a vuestra disposición las canciones que cada grupo está trabajando en las sesiones de aerobic.
Clica en el enlace correspondiente y a moverse (si la familia puede y se anima es más divertido, debes explicarle previamente los movimientos)

miércoles, 18 de marzo de 2020

Manualidades

Agora que tedes catro días por diante e que non queda máis remedio que estar na casa, quizais vos apeteza facer unha das 365 manualidades que vos propoñemos a continuación:

Mensaxe agarimosa para familiares no 19 de marzo.


Podemos facer unha manualidade para esa persoa, ou persoas que forman parte da nosa familia, e que seguro que agradecen unha mensaxe cariñosa no 19 de marzo.
Se vos apetece, vai unha idea!! se facedes esta ou outras cousas chulas e agarimosas, mandade unha foto ao correo e a compartimos con todos e todas.

LINGUA GALEGA- 18/03/20

Bos días, alumnos e alumna de sexto!

Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.

1. Hoxe imos empezar escoitando esta canción do grupo A banda da Loba.



2. Na letra desta canción podemos atopar varios verbos en forma persoal. Copiade a seguinte táboa na libreta de lingua e completádea coa información correspondente.



Se precisades axuda, podedes consultar o apéndice do libro de Lingua ou a páxina web da RAG: https://academia.gal/ 
Para esta última opción, primeiro tedes que buscar o infinitivo da forma verbal e xusto ao lado aparece a opción de conxugar.



⇒ O próximo día teredes a táboa coas respostas para que fagades, se é preciso, as correccións necesarias.

3. Para rematar, facendo uso do apéndice ou da RAG, repasade as diferentes formas verbais.




SOCIAIS 18 DE MARZO

Seguimos repasando a UNIDADE 4 :ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA

ACTIVIDADES:

  • Fai clic en: 




Actividades de libreta. Fai clic na seguinte imaxe para ampliala