Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

lunes, 23 de marzo de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA. LUNS 23 DE MARZO

Ola a todos os alumnos e alumnas se sexto!!!

Hoxe imos empezar coas solucións ás actividades do luns 16. Comprobade se as tedes ben.

Agora imos co reino dos protistas.Como xa sabedes o reino dos protistas inclúe dous tipos de seres vivos moi diferentes entre eles : os protozoos e as algas.
"É coma un caixón de xastre onde se inclúen seres vivos con características moi diferentes que simplemente non teñen cabida en ningún dos outros reinos"

Repasa as páxinas 80 e 81 do libro para facer as seguintes actividades:




Despois de ver o vídeo fai estas actividades interactivas que vos propoñemos.

Clica en: O reino dos protistas




E para finalizar toca actividades de libreta!!!!

1.-Que características teñen os protozoos ? E as algas?

2.- Explica, por medio de varios exemplos, como é a relación entre o reino dos protistas e as persoas.

3.- Responde as seguintes preguntas.

  • A que reino pertencen as algas?
  • Que tipo de algas coñeces?
  • Que semellanzas presentan todos os grupos de algas? En que se diferencian?




2 comentarios:

  1. NO puedo hacer las actividades interactivas porque dice que necesito adobe flash player. que yo no lo tengo

    ResponderEliminar
  2. Tienes que seleccionar adobe flash y darle a permitir, así va.

    ResponderEliminar