Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.
1. Hoxe imos empezar escoitando esta canción do grupo A banda da Loba.
2. Na letra desta canción podemos atopar varios verbos en forma persoal. Copiade a seguinte táboa na libreta de lingua e completádea coa información correspondente.
Se precisades axuda, podedes consultar o apéndice do libro de Lingua ou a páxina web da RAG: https://academia.gal/
Para esta última opción, primeiro tedes que buscar o infinitivo da forma verbal e xusto ao lado aparece a opción de conxugar.
⇒ O próximo día teredes a táboa coas respostas para que fagades, se é preciso, as correccións necesarias.
3. Para rematar, facendo uso do apéndice ou da RAG, repasade as diferentes formas verbais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario