Bos días, alumnos e alumnas de sexto!
Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.
1. Empezamos corrixindo os exercicios de onte.
- Páxina 127, exercicio 5
- paxaro- Nome das aves de tamaño pequeno.
- paxarela- Bolboreta, avelaíña.
- paxarería- Tenda na que se venden paxaros.
- paxarada- bandada de paxaros
- paxareiro- Persoa que caza, vende ou cría paxaros.
- paxareira- Gaiola grande para criar paxaros.
- Páxina 136, exercicio 1.
campamento-acampado/acampada-acampar
cultivo-cultivable-cultivar
estrela-estrelado/estrelada-estrelar
⇒ Os mapas mentais verémolos á volta!
2. Imos seguir coa escrita de diálogos. Fixádevos nas palabras destacadas no seguinte fragmento:
- Cousas estrañas pasan detrás da montaña ultimamente- comezou a explicar- . Algunhas noites atrás, as ruínas do Erest despedían luces que subían ao firmamento e mesturábanse coas estrelas.
- Cousas de bruxas- sentenciou Yanta.
- Cousas de bruxas...o camiño ás ruínas pasa por debaixo da montaña e ninguén o cruza dende hai moitos, moitísimos anos. Non sei se debo deixarvos pasar.
- É necesario- suplicou Aulea.
- Si. Quizais sexa necesario... pero dúas rapazas... tan novas... - o home debatíase coas súas dúbidas.
- Temos que ir- interveu Místera-. Coa súa axuda será máis doado.
- E eu teño medo de que nos alcance o xinete que vén tras nosa- asegurou Aulea.
A muller levantouse como un lóstrego.
- Iso non. Nós estaremos aquí para detelo. Por aquí non pasará.
Agarraba un cullerón coma se fose unha espada, e todos se botaron a rir ás gargalladas.
Xavier Estévez: O corazón da maxia, Editorial Xerais.
Lembrade que é moi importante o uso dun vocabulario variado. Neste caso, ides redactar un breve relato que leve por título Un final inesperado e no que haxa:

- un narrador ou narradora en primeira persoa
- un diálogo entre dous personaxes (os que vós queirades)
- un desenlace sorprendente (lembrade cal é o título!)
⇒ Podedes facer esta actividade na libreta de lingua ou en soporte
dixital; neste último caso, lembrade gardar o voso relato nun pendrive para
despois poder compartir a vosa creación na clase. Ademais, quen poida e queira, pode mandar o seu relato ao correo profesfleming@gmail.com indicando a que profe vai dirixido.
3. Para rematar, coñecedes o xogo do tabú? Se vós apetece, podedes xogar coas vosas familias premendo neste enlace: http://aulasgalegas.org/o-xogo-do-tabu/
No hay comentarios:
Publicar un comentario