Bos días, alumnos e alumnas de 6º!
Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.
1. O primeiro que imos facer hoxe é comprobar as respostas da táboa do
mércores. Aquí tedes as solucións:
2. Agora imos coas familias léxicas. Abride a libreta de lingua e facede as seguintes actividades:
- Páxina 127, exercicio 5.
- Páxina 136, exercicio 1.
- Mapa mental sobre as familias léxicas. Para isto collede unha folla enteira da libreta en sentido horizontal. No centro, poñedes en grande familias léxicas e a ilustración que consideredes. A seguir, imos sacar seis ramas (con seis palabras primitivas) e de cada unha delas, outras tres ramas (con tres exemplos de palabras derivadas e/ou compostas). Ao lado destas últimas palabras engadides un pequeno debuxo relacionado con esta palabra. Aquí tedes o esqueleto do mapa mental e unha rama completa, logo é o voso turno para seguir a completar coas palabras derivadas e/ou compostas que se vos ocorran!
3. Para rematar, adicade un tempo a repasar as formas verbais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario