Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

martes, 14 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 14/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto! Aquí estamos de volta.

1. Empezamos corrixindo as actividades do último día. Premede aquí.

2. Que vos parece se empezamos este trimestre compoñendo unhas coronaregueifasAquí tedes un exemplo:

Agora na corentena
hai que quedar na casiña.
No meu piso xa montamos
un ximnasio na saliña!

Premede aquí para ver como teñen que ser as vosas regueifas. Tendo en conta o que lestes, agora a crear! Compoñede dúas estrofas e mandádeas a un dos seguintes correos (podedes escribilas nun documento ou na libreta de lingua e mandar unha foto):
  • 6ºA:proferebecafleming@gmail.com
  • 6ºB:claseprofesther@gmail.com
  • 6ºC:grupodetraballosindi@gmail.com
  • 6ºD:aulaelenafleming@gmail.com
Agardamos impacientes polas vosas creacións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario