Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

Mostrando entradas con la etiqueta 6º B. Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 6º B. Teatro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA . MÉRCORES 13

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

1.- Hoxe imos facer a lectura da Unidade 10 : No outro lado do mar. Páxinas 158 e 159. Lede un par de veces.

2.- Agora facede os exercicios 3, 4, 5, 6 e 7 na libreta.
  • Se alguén non ten o libro de lingua aquí e aquí está o que precisas.

Non tedes que mandarnos nada, teredes as solucións o venres.

lunes, 23 de marzo de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA. LUNS 23 DE MARZO

Ola a todos os alumnos e alumnas se sexto!!!

Hoxe imos empezar coas solucións ás actividades do luns 16. Comprobade se as tedes ben.

Agora imos co reino dos protistas.Como xa sabedes o reino dos protistas inclúe dous tipos de seres vivos moi diferentes entre eles : os protozoos e as algas.
"É coma un caixón de xastre onde se inclúen seres vivos con características moi diferentes que simplemente non teñen cabida en ningún dos outros reinos"

Repasa as páxinas 80 e 81 do libro para facer as seguintes actividades:




Despois de ver o vídeo fai estas actividades interactivas que vos propoñemos.

Clica en: O reino dos protistas




E para finalizar toca actividades de libreta!!!!

1.-Que características teñen os protozoos ? E as algas?

2.- Explica, por medio de varios exemplos, como é a relación entre o reino dos protistas e as persoas.

3.- Responde as seguintes preguntas.

  • A que reino pertencen as algas?
  • Que tipo de algas coñeces?
  • Que semellanzas presentan todos os grupos de algas? En que se diferencian?




domingo, 1 de marzo de 2020

TEATRO

Aquí vos deixamos unhas imaxes da obra de teatro "Dr. Despistus and the poisoned cakes" que tivo lugar no cole o día 19 de febreiro , onde participaron todos os grupos de 6º.