Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

Mostrando entradas con la etiqueta 5º 6ºA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º 6ºA. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 24/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

1. Imos comezar lendo as vosas coronaregueifas.
  • Para ver as de 6ºA premede aquí.
  • Para ver as de 6ºB premede aquí.
  • Para ver as de 6ºC premede aquí.
  • Para ver as de 6ºD premede aquí.

2. Elixide tres ou catro estrofas que vos chamaran especialmente a atención e escribídeas na vosa libreta de lingua (lembrade poñer quen é o autor ou autora).

3. Deleitade ás persoas que están convosco na casa cantando as estrofas que seleccionastes. Adiante!
⇒ Podedes ver este vídeo para practicar o ritmo.

miércoles, 22 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 22/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto! Este é o plan para hoxe.

1. Comezamos corrixindo as actividades de onte. Premede aquí.

2. A seguir, ides repasar os determinantes a través deste enlace. Lede con atención a introdución e cal é a vosa misión antes de comezar. Tamén tede a man un papel para facer certas anotacións, xa o enteredes en breve!
⇒ Non hai que rexistrarse nin nada polo estilo; lede as instrucións e logo premede en "comezar".

martes, 21 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 21/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

1. Imos comezar lendo unha noticia, que leva por titular "Muiñeira 2. 0; así se baila no século XXI".
Premede aquí e non deixedes de ver o vídeo da coreografía!

2. A continuación, abride a libreta de lingua e facede estas actividades. Premede aquí.


Non tedes que mandarnos nada, teredes as solucións mañá.

viernes, 17 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 17/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

1. Hoxe imos facer unha lectura. Abride o libro de lingua na páxina 142 e lede un par de veces Na casa da tía Perfecta.

3. Agora facede os exercicios 3, 4, 5 e 9, da páxina 144. Podedes facelos nun documento ou na libreta de lingua e mandar foto a un dos seguintes correos:

  • 6ºA:proferebecafleming@gmail.com
  • 6ºB:claseprofesther@gmail.com
  • 6ºC:grupodetraballosindi@gmail.com
  • 6ºD:aulaelenafleming@gmail.com

⇒ Se alguén non ten o libro de lingua, aquí e aquí está o que precisas.

miércoles, 15 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 15/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto! Aquí está o plan para hoxe.

1. Primeiramente, felicitarvos pola orixinalidade das vosas coronaregueifas; porén, agardamos aínda impacientes polas regueifas que faltan por mandar (toda a información está na entrada anterior, premede aquí).

2. Hoxe imos facer unhas actividades de repaso. Premede aquí. Podedes facelas nun documento ou na libreta de lingua (e sacar foto) e mandalas a:
  • 6ºA:proferebecafleming@gmail.com
  • 6ºB:claseprofesther@gmail.com
  • 6ºC:grupodetraballosindi@gmail.com
  • 6ºD:aulaelenafleming@gmail.com

TEDES ATA O LUNS PARA MANDALAS!

martes, 14 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 14/04/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto! Aquí estamos de volta.

1. Empezamos corrixindo as actividades do último día. Premede aquí.

2. Que vos parece se empezamos este trimestre compoñendo unhas coronaregueifas? Aquí tedes un exemplo:

Agora na corentena
hai que quedar na casiña.
No meu piso xa montamos
un ximnasio na saliña!

Premede aquí para ver como teñen que ser as vosas regueifas. Tendo en conta o que lestes, agora a crear! Compoñede dúas estrofas e mandádeas a un dos seguintes correos (podedes escribilas nun documento ou na libreta de lingua e mandar unha foto):
  • 6ºA:proferebecafleming@gmail.com
  • 6ºB:claseprofesther@gmail.com
  • 6ºC:grupodetraballosindi@gmail.com
  • 6ºD:aulaelenafleming@gmail.com
Agardamos impacientes polas vosas creacións!

viernes, 3 de abril de 2020

LINGUA GALEGA- 3/04/20


Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

1. Hoxe toca rematar as actividades de lectura de Os gritos das Illas Lobeiras e de Os horizontes de Adar.

2. Abride a libreta de lingua e facede as actividades de repaso número 2, 4 e 8 da páxina 138.

3. Para rematar, aquí tedes uns xogos de vocabulario, nos que tedes que escribir rapidamente as palabras que escoitades:
- Natureza
- B/V

A descansar moito nos próximos días e graciñas polo voso esforzo!

miércoles, 1 de abril de 2020

LINGUA GALEGA 1/04/20


Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

Lembrade que hai que adicar o tempo de lectura a facer as actividades sobre Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.

1. Imos comezar botando unha ollada ás preguntas sobre a lectura Un cangrexo inconformista. Premede aquí.

Google Combats Fake News With Search Algorithm Changes | Fortune2. Agora, ides crear unha noticia falsa. 

Imos paso a paso. Primeiro de todo, parádevos a pensar a temática da vosa noticia falsa; adiante coa vosa imaxinación! Despois cubride a planificación sobre a vosa noticia (ideas principais).


3. Unha vez realizada a planificación, a redactar! Lembrade que podedes engadir máis detalles e usade distintos signos de puntuación (non podemos quedar sen aire ao ler a noticia).

4. Revisade que a noticia responde a todas as preguntas e que se entende ben. Unha idea para saber se se comprende ben a información é lerlla a alguén que teñades preto de vós.

⇒ Podedes facer esta actividade na libreta de lingua ou en soporte dixital; neste último caso lembrade gardar a vosa noticia nun pendrive para despois poder compartir a vosa creación na clase. Ademais, quen poida e queira, pode mandar a súa noticia ao correo profesfleming@gmail.com indicando a que mestra vai dirixido.

martes, 31 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA 31/03/20

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

Lembrade que hai que adicar o tempo de lectura a facer as actividades propostas sobre Os gritos das Illas lobeiras e Os horizontes de Adar.

1. Imos comezar comprobando as respostas das actividades do venres.

2. A seguir, lede atentamente este relato, o cal leva por título Un cangrexo inconformista.

3. Agora abride a libreta de lingua e facede as seguintes actividades de comprensión e opinión persoal. Premede aquí.


Se tedes dúbidas de vocabulario, podedes consultar: https://academia.gal/dicionario

⇒ Mañá teredes as respostas.

viernes, 27 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA 27/03/20



Bos días, alumnos e alumnas de sexto!


Lembrade que hai que adicar vinte minutos a ler Os gritos das illas Lobeiras ou Os horizontes de Adar. Rematade hoxe o libro! Na semana próxima adicaremos os 20 minutos de lectura a facer actividades sobre eles.



1. Hoxe imos empezar cunha brevísima presentación sobre a voz activa e pasiva. Premede aquí!



2. A seguir, abride o seguinte documento e facede as actividades na vosa libreta de lingua. 

⇒ Teredes as solucións o martes.



3. Para rematar podedes ver un par de vídeos de compañías teatrais galegas posto que hoxe é... o Día Mundial do Teatro!
Resultado de imaxes para: dia mundial do teatro

Premede aquí e aquí.





miércoles, 25 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA 25/03/20


Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.

1. Empezamos corrixindo os exercicios de onte.
  • Páxina 127, exercicio 5
  1.  paxaro- Nome das aves de tamaño pequeno.
  2.  paxarela- Bolboreta, avelaíña.
  3.  paxarería- Tenda na que se venden paxaros.
  4.  paxarada- bandada de paxaros
  5.  paxareiro- Persoa que caza, vende ou cría paxaros.
  6.  paxareira- Gaiola grande para criar paxaros.
  • Páxina 136, exercicio 1.
       estudante-estudoso/estudosa-estudar
       campamento-acampado/acampada-acampar
       cultivo-cultivable-cultivar
       estrela-estrelado/estrelada-estrelar

⇒ Os mapas mentais verémolos á volta!

2. Imos seguir coa escrita de diálogos. Fixádevos nas palabras destacadas no seguinte fragmento:

- Cousas estrañas pasan detrás da montaña ultimamente- comezou a explicar- . Algunhas noites atrás, as ruínas do Erest despedían luces que subían ao firmamento e mesturábanse coas estrelas.
- Cousas de bruxas- sentenciou Yanta.
- Cousas de bruxas...o camiño ás ruínas pasa por debaixo da montaña e ninguén o cruza dende hai moitos, moitísimos anos. Non sei se debo deixarvos pasar.
- É necesario- suplicou Aulea.
- Si. Quizais sexa necesario... pero dúas rapazas... tan novas... - o home debatíase coas súas dúbidas.
- Temos que ir- interveu Místera-. Coa súa axuda será máis doado.
- E eu teño medo de que nos alcance o xinete que vén tras nosa- asegurou Aulea.
A muller levantouse como un lóstrego.
- Iso non. Nós estaremos aquí para detelo. Por aquí non pasará.
Agarraba un cullerón coma se fose unha espada, e todos se botaron a rir ás gargalladas.

 Xavier Estévez: O corazón da maxia, Editorial Xerais.

Lembrade que é moi importante o uso dun vocabulario variado. Neste caso, ides redactar un breve relato que leve por título Un final inesperado e no que haxa:
  • un narrador ou narradora en primeira persoa
  • un diálogo entre dous personaxes (os que vós queirades)
  • un desenlace sorprendente (lembrade cal é o título!)


⇒ Podedes facer esta actividade na libreta de lingua ou en soporte dixital; neste último caso, lembrade gardar o voso relato nun pendrive para despois poder compartir a vosa creación na clase. Ademais, quen poida e queira, pode mandar o seu relato ao correo profesfleming@gmail.com indicando a que profe vai dirixido.

3. Para rematar, coñecedes o xogo do tabú? Se vós apetece, podedes xogar coas vosas familias premendo neste enlace: http://aulasgalegas.org/o-xogo-do-tabu/


martes, 24 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA- 24/03/20



 Bos días, alumnos e alumnas de 6º!


Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.


1. O primeiro que imos facer hoxe é comprobar as respostas da táboa do mércores. Aquí tedes as solucións:
 

2. Agora imos coas familias léxicas. Abride a libreta de lingua e facede as seguintes actividades:
  • Páxina 127, exercicio 5.
  • Páxina 136, exercicio 1.
  • Mapa mental sobre as familias léxicas. Para isto collede unha folla enteira da libreta en sentido horizontal. No centro, poñedes en grande familias léxicas e a ilustración que consideredes. A seguir, imos sacar seis ramas (con seis palabras primitivas) e de cada unha delas, outras tres ramas (con tres exemplos de palabras derivadas e/ou compostas). Ao lado destas últimas palabras engadides un pequeno debuxo relacionado con esta palabra. Aquí tedes o esqueleto do mapa mental e unha rama completa, logo é o voso turno para seguir a completar coas palabras derivadas e/ou compostas que se vos ocorran! 


Se precisades consultar algunha palabra, lembrade:https://academia.gal/

3. Para rematar, adicade un tempo a repasar as formas verbais. 


miércoles, 18 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA- 18/03/20

Bos días, alumnos e alumna de sexto!

Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.

1. Hoxe imos empezar escoitando esta canción do grupo A banda da Loba.



2. Na letra desta canción podemos atopar varios verbos en forma persoal. Copiade a seguinte táboa na libreta de lingua e completádea coa información correspondente.



Se precisades axuda, podedes consultar o apéndice do libro de Lingua ou a páxina web da RAG: https://academia.gal/ 
Para esta última opción, primeiro tedes que buscar o infinitivo da forma verbal e xusto ao lado aparece a opción de conxugar.



⇒ O próximo día teredes a táboa coas respostas para que fagades, se é preciso, as correccións necesarias.

3. Para rematar, facendo uso do apéndice ou da RAG, repasade as diferentes formas verbais.




martes, 17 de marzo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS. ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA martes 17 de marzo

Actividades para repasar e practicar a unidade 4:España e a Unión Europea.
Fai clic en:
l


   
Actividades para realizar na libreta (martes 17 de marzo)

Fai clic no debuxo para velo mellor ou no segunte enlace de ACTIVIDADES  (é a mesma tarefa).

LINGUA GALEGA- 17/03/20


Bos días, alumnos e alumnas de 6º!

Lembrade que hai que adicar 20 minutos a ler Os gritos das Illas lobeiras ou Os horizontes de Adar.

Hoxe imos traballar o diálogo. Empezamos!

- Mais que son os paíños?- insistiu Bela.
- Son pais pequenos. E as femias, as paíñas, son pas pequenas- bromeou Louro.
Despois das amigábeis protestas dos máis por estas trapalladas do Louro, a torreira explicoulles o que sabía sobre as referidas aves:
- Os paíños son as aves mariñas máis pequenas que existen. Son do tamaño das andoriñas. Crían nas illas escarpadas, mais pasan a maior parte da súa vida en alta mar voando a rentes da auga, aguilloados polos temporais e as grandes vagas. Voan moi preto da auga, con tanta mestría que nin se deixan mollar.
- Ah, son eses! Eu xa os vin unha vez!- exclamou Louro-. Un día que fun pescar co meu pai; agora non me lembraba do nome, mais eran así mesmo. Voaban pegados á auga, facendo os mesmos rizos que a auga facía, mais sen tocala.
- Son unhas aves fantásticas- engadiu Margarida.
- Mais as que acabamos de ver pasar non poden ser paíños- afirmou Lino.

          Antón Cortizas: Os gritos das Illas Lobeiras, Editorial Xerais.


1. Fixádevos nas palabras destacadas; cando facemos un diálogo (ou un texto en xeral) temos que intentar usar un vocabulario variado.

2. Tendo en conta isto, ides redactar un breve relato no que haxa:
  • un narrador/a
  • un diálogo entre dous personaxes imaxinarios (adiante coa vosa fantasía!)
  • un vocabulario variado, especialmente no que se refire aos verbos que poden ir despois das intervencións nun diálogo (non é necesario poñer un verbo sempre)

⇒ Podedes facer esta actividade na libreta de lingua ou en soporte dixital; neste último caso, lembrade gardar o voso relato nun pendrive para despois poder compartir a vosa creación na clase. Ademais, quen poida e queira pode mandar o seu relato ao correo profesfleming@gmail.com indicando a que profe vai dirixido.



viernes, 14 de febrero de 2020

Educación vial

Un día agradable para practicar coa bicicleta, e afianzar a educación vial tan necesaria para o coñecemento do medio.!!

  

viernes, 20 de diciembre de 2019

Un dos bailes de Nadal 2019

O alumnado de 6ºA canta e baila para o resto do alumnado da letra A de diferentes cursos, na Festa de Nadal do colexio realizada o día 20 de decembro. Aquí temos unha mostra feita con moito agarimo.
Graciñas rapaces e rapazas, sodes do mellor.

lunes, 9 de diciembre de 2019

Festival de Nadal

Por si queredes ensaiar o baile de nadal na casa, deixámosvos o vídeo. 
Recordade que a actuación é ata o minuto 1:12 e que hai algunhas variacións nos pasos: