Este é o blog de todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Con el pretendemos achegarvos ás nosas clases e á vez facilitar actividades, recursos...

martes, 5 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA. 5 DE MAIO

Bos días, alumnos e alumnas de sexto!

1.-Imos comezar lendo algunhas das vosas historias sobre MARIZA (vídeo de 29 de abril)

  • Preme aquí para velas.

 CARTAS AO DIRECTOR OU A DIRECTORA DUN XORNAL

2.-Agora, ides facer unha carta ao director ou a directora dun xornal.

Imos paso a paso. Primeiro de todo recordamos que nas cartas ao director ou a directora, os lectores dun xornal expresan unha opinión, fan unha queixa ou unha petición sobre algún asunto que lles interesa.
  • Para ver algún exemplos fai clic aquí
Agora prepara a carta sobre un tema ( do teu colexio, do teu barrio ou da túa localidade ) que te preocupe. Pode ser a prol ou en contra. Eleximos o tema.
O tema é libre.

 Despois planifica seguindo unha orde : primeiro expón o asunto co que non estás de acordo; despois achega unha proposta ou unha solución.

 Unha vez realizada a planificación do voso tema (ideas principais), toca redactar a carta !

Lembrade que hai que escribir:
  • O título
  • O saúdo
  • Expresar a túa opinión e facer unha proposta.
  • Despedirse con cortesia.
  • Poñer nome, lugar e data.
 Revisade as partes do texto e orde. Comprobade que non ten faltas de ortografía e que está ben puntuada. E que o ton da carta é o apropiado.

A carta a podedes facer nun documento ou na libreta de lingua ( e sacar foto) .
Tedes que mandalas a un dos seguintes correos.
·                     6ºA:proferebecafleming@gmail.com
·                     6ºB:claseprofesther@gmail.com
·                     6ºC:grupodetraballosindi@gmail.com
·                     6ºD:aulaelenafleming@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario